Obtendo a base de dados de conselleiros

Entereime por javibc de que hay un portal do ministerio de facenda cos dados dos conselleiros de toda españa dispoñibles [ http://ssweb.mpt.es/portalEELL/consulta_alcaldes ] (hay que entrar dúas veces, unha para que dea a cookie e a seguinte xa deixa pasar :P), despois de non pouco dores de cabeza ahí van os parsers e a base de dados. [ cargos.zip ]

Nota: Hay información en #Freesoftwareando, de feito o principio os parsers usaban a súa base de dados de municipios pero agora xeran outra para evitar saírse das librerías estándar de python.

Para parsearls de novo, primeiro hay que preparar e lanzar get_provincias.py , para poñelo a punto hay que editalas cookies (líña 20) coas que a web haxa asignado, o lanzar o script este preparará unha base de dados cos municipios de cada provincia.

O seguinte paso é preparalo get_cargos.py, de novo hay que editalas cookies (líña 8) e esta vez ademáis ajustar o csrf_token (líña 128) que se puede atopar na páxina buscando isto:

1
2
3
<input type="hidden" name="consulta_alcalde[_csrf_token]"
    value="717f8d1f38ba8e586a2fcbc5ca2b840c" id="consulta_alcalde__csrf_token" />
('717f8d1f38ba8e586a2fcbc5ca2b840c')

A base de dados obtida debería ser algo así [ cargos.sqlite3.gz ] (aínda que sen o .gz :P)

E xa que estamos, ahí van convertidas a un par de formatos:

  • sqlite2

  • CSV útil para as follas de cálculo (unha taboa con provincia, municipio, nome, apelidos, lista, cargo)

__EOF__